Campus Baloncesto Peleteiro 2016

Unha nova edición do “Campus Baloncesto Peleteiro” xa está en marcha. Sumando XXIV edicións, esta cita bota a andar un ano máis combinando baloncesto, ocio e aprendizaxe, nunhas instalacións, as do propio Colexio Manuel Peleteiro en Santiago de Compostela; inmellorables para a convivencia e a práctica do Deporte.

Esta edición de 2016 levarase a cabo os vindeiros 23, 27, 28, 29 e 30 do presente mes de xuño para nenos e nenas de entre 7 e 16 anos. Todo baixo a dirección técnica de Pepe Casal, apoiado á súa vez por un nutrido grupo de coordinadores, adestradores e monitores avalados pola súa experiencia. Así mesmo, convidados de luxo visitarán aos participantes durante os cinco días de duración.

A Dirección do Campus mantén aberta a posibilidade de inscrición mediante ligazón oficial, na mesma pódese tamén consultar os detalles e requisitos completos desta nova edición do Campus, cuxo triptico pode descargarse xunto a esta información.

 

Campus Baloncesto Peleteiro 2016

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram