Campus Baloncesto Peleteiro 2014

O “Campus Baloncesto Peleteiro 2014” xa está en marcha. A súa XXII edición bota a andar. Fiel á súa cita de todos os anos, todos aqueles que queiran combinar baloncesto, xogo e diversión xa poden inscribirse nesta iniciativa organizada polo A.D.M. Peleteiro.

A celebrar nas instalacións do Colexio M. Peleteiro, nun marco acondicionado á perfección, o balón será protagonista un ano máis, neste caso entre os días 23 e 27 de xuño, ambos inclusive. A participación está aberta para un total de 200 nenos e nenas de entre 7 e 16 anos, que estarán acompañados por destacados xogadores e técnicos de ligas ACB, Adecco e EBA. 

A Dirección do Campus mantén aberta a posibilidade de inscrición ata o vindeiro 20 de xuño. Este proceso debe realizarse a través da web establecida para tal fin: www.admpeleteiro.com/campus.

No documento oficial que se achegan poden consultarse, polo miúdo, os datos máis relevantes deste Campus Baloncesto Campus 2014.

Campus Baloncesto Peleteiro 2014

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram