CAMPUS “2012 COMENZA”

A Asociación Xuvenil Sagrado Corazón pon en marcha un ano máis o seu Campus “Comenza”, a celebrar en Lugo entre os días 3 e 9 do presente mes de setembro e orientado a xogadores nados entre os anos 1995 e 2003, ambos inclusive.

“2012 Comenza” levarase a cabo, principalmente, no Polideportivo dos Institutos (Avda. Ramón Ferreiro). O seu horario será de 10.00 h a 14.00 h e de 16:00 h a 19:30 h, coa posibilidade de xantar nun comedor da zona. Os técnicos do club lucense dirixirán os adestramentos, exercicios que se compaxinarán con visitas lúdico formativas, excursións, concursos, xogos e charlas de diversa índole.

Custo e inscricións
O seu custo é 70 € para a matrícula, cun suplemento de 30 € para os que desexen quedar a xantar e outros 30 € para aquelas persoas que tomen parte da excursión final. Toda a información a maiores pode consultarse a través do mail ajsc_lugo@hotmail.com

Nos documentos que se achegan pódese ver o cartel do evento así como o tríptico de inscrición.

Triptico inscrición
Triptico inscrición 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram