CAMPIONATOS DE ESPAÑA: Sorteados os grupos júnior

Os equipos galegos clasificados para os Campionatos de España Júnior xa coñecen os seus rivais para a primeira fase destas competicións.

Con dereito a participar en ambas citas estatais, masculina e feminina, como campións e subcampións galegos viaxarán a Zaragoza, sede dos Campionatos, Marín Peixegalego (1º), Estudiantes de Lugo (2º), Real Club Celta Novacaixagalicia (1º) e Compañía de María de Vigo (2º).

Na capital maña, os catro bloques afrontarán o reto de competir entre os mellores clubs do país baixo un calendario sorteado este mesmo luns e que se pode consultar nos documentos que se achegan.

A competición, á que permaneceremos ben atentos para dar conta das evolucións dos nosos representantes, dará comezo o vindeiro domingo, 13 de maio.

XLI Campionato de España Júnior Masculino.
XXXII Campionato de España Júnior Feminino.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram