Na xornada deste sÔbado, 23 de marzo, vivimos a 1º data dos Campionatos de España Infantil e Minibasket, citas con sede nas localidades andaluzas de San Fernando (Minibasket) e Chiclana e Puerto Real (Infantil). Consulta aquà os horarios e resultados dos encontros galegos:
XXX Campionato de EspaƱa de Seleccións InfantĆs – 23/03/13
INFANTIL FEMININO – Grupo Especial A
(10.00 h ) (Pavillón Chiclana 1)
Galicia – Aragón (68 – 44)
Os nervios lóxicos do debut monopolizaron os primeiros minutos de encontro, xenerosos en imprecisións para ambos equipos. O dominio do rebote defensivo foi a mellor arma das nosas para anotar varias canastras que lles permitiron adquirir unha lixeira vantaxe. Con esta marxe a favor (16 – 12) terminaba o primeiro perĆodo no que a galega Ana MarĆa GonzĆ”lez sumaba 11 puntos.
No segundo cuarto, as galegas subiron as liƱas defensivas e empezaron moito mĆ”is concentradas, recuperando balóns con facilidade. O equipo de Armando Otero anotaba rĆ”pidos contraataques e mantiƱa a distancia no marcador en torno aos 7-10 puntos. Ćnicamente despistes defensivos puntuais e a concesión de tiros cómodos, permitiu Ć”s aragonesas recortar distancias no marcador para irse ao descanso con (36-29).
O regreso dos vestuarios facĆa patente o cansazo acumulado nas filas as aragonesas e, pola contra, as galegas, desterrados os nervios, atopĆ”banse cada vez mĆ”is cómodas en defensa, en xeral, sobre a pista. Aos poucos Ćanse afastando no marcador, deixando o terreo claro de cara ao Ćŗltimo perĆodo.
Neste, con vantaxe de case 20 puntos e o partido roto, o corpo tƩcnico galego aproveitou para dar minutos a todas as xogadoras, dosificando o esforzo pensando no encontro da tarde.
(17.30 h) (RĆo San Pedro – P. Real)
Madrid – Galicia (84 -77)
Mal inicio galego nesta importante cita ante Madrid. As de Armando Otero tardaron en tomarlle a medida ao seu xogo e permitiron, desde ben pronto, que as madrileƱas anotasen con demasiada facilidade. As nosas xogadoras tiveron que botar man do rebote ofensivo e do acerto desde a liƱa de tiros libres para non perder de vista ao equipo da capital, ben asentado en pista e cunha diferenza que roldaba os sete puntos ao seu favor.
A verdadeira reacción galega chegaba no segundo cuarto. As xogadoras de Armando Otero buscaban por fin a intensidade e a motivación e recortaban distancias. Ante esta nova Galicia, o tĆ©cnico MadrileƱo, Carlos Otto, vĆase obrigado a solicitar o seu primeiro tempo morto. Pero as nosas resistĆan Ć” perfección. O intercambio de canastras entre os dous equipos era constante e grazas a el as de Armando Otero rabuƱaban novos puntos e reducĆan a sĆŗa distancia, chegando ao descanso cunha vantaxe mĆnima ao seu favor.
Na reanudación, o partido convertĆase en todo un luxo para os afeccionados presentes no Pavillón. Un xogo moi intenso era centro de atención. As galegas eran exemplo de acerto exterior e boas saĆdas de presión con canastras fĆ”ciles. Madrid destacaba, pola sĆŗa banda, en tiros de 3, con catro rĆŗbricas dun total de cinco intentos. Estes movementos xeraban unha lixeira vantaxe que bailaba no marcador a favor dunhas e doutras, deixando completamente aberto o destino do Ćŗltimo cuarto.
Restaban só dez minutos para o asubĆo final e os dous equipos sabĆan do importante da vitoria, polo que durante os primeiros compases medĆan ao milĆmetro os seus pasos. O partido estaba igualado, pero foi a falla de 3 minutos cando unha decisiva perda de balón galega, con canastra mĆ”is tripla das madrileƱas, frustraba as posibilidades das nosas que, malia todo, pelexaron ata o final.
INFANTIL MASCULINO – Grupo Especial A
(12.00 h) (Pavillón Chiclana 1)
Galicia – Canarias (39 -88)
Os de Ćngel Castro sairon Ć” pista bastante concentrados e sen medo pese a ter enfrente Ć” seleccion con mĆ”is altura de este Campionato. O marcador no primeiro cuarto foi bastante parello, pero sempre cunha lixeira vantaxe de 4-6 puntos a favor dos isleƱos. (12-16 ao remate do primeiro cuarto).
Os rebotes ofensivos do rival e as perdas de baloĢn galegas, 11 e 10 respectivamente, monopolizaron o xogo nos segundos dez minutos. Galicia contabilizaba cada vez menos posesións e menos tiros, poƱendo o trunfo canario moi cerca (22-34, ao descanso)
A volta Ć” pista dende vestiarios resultou demoledora para os intereses galegos. O equipo Canario, moi superior fisicamente ao cinco galego, rompĆa por completo o electrónico cun parcial de 4-33 ao seu favor. Galicia lotaba por aguantar pero o panorama non era o idóneo e a diferencia tornĆ”base, de xeito definitivo, en insalvable.
(19.30 h) (RĆo San Pedro – P. Real)
C. Valenciana – Galicia (62 – 47)
O mal inicio do partido foi determinante para o resto do encontro. Os galegos sairon Ć” pista amosando pouca actividade fronte a unha selección valenciana moi metida no encontro desde o salto inicial. O primeiro periodo serĆa o reflexo do que virĆa despois. (22-8)
No segundo cuarto os nosos empezaron a estar mÔis centrados, pero non o suficiente como para remontar a diferencia de puntos que se acumulou no primeiro periodo. A razón: o gran numero de perdas de balón (11 en total neste segundo tempo).
Ao regreso do descanso, e cun 38 -23 en contra no marcador, Galicia amosou a cabeza e forzou un intento de cambiar o ritmo de partido subindo as defensas e tratando de correr. A intentona non resultou, e as diferencias mantĆƱanse (53 – 35).
O derradeiro cuarto foi o mellor dos nosos, e no único que se acadou un vitoria parcial (9-12), lastrada, de novo, polas perdas de balón e os erros dende a liña de tiro libre.
As perspectivas galegas recaĆan en derrota. Deixando tempo para recuperarse de cara aos novos encontros do Campionato, que serĆ”n decisivos.
XXVI Campionato de EspaƱa de Seleccións Minibasket – 23/03/13
MINIBASKET MASCULINO – Grupo Preferente D
(13.30 h) (Pavillón BahĆa Sur)
La Rioja – Galicia (92 – 55)
Estrea agridoce da Selección Galega mini Masculina. Pese aos nervios e algúns problemas en axustes defensivos, os galegos afrontaron a primeira parte do partido cunha boa actitude e visible esforzo, cualidades que os levaron a manterse preto no marcador durante toda a primeira parte, chegando ao descanso so con 7 puntos abaixo.
Ao comezo do cuarto sexto, os xogadores de La Rioja saĆron en tromba e, tras unha serie de balóns perdidos dos galegos, conseguiron abrir unha brecha no marcador, que, co paso dos minutos, materializarĆase en insalvable. A partir deste intre, a concentración da que fixeran gala os galegos durante toda a primeira parte desapareceu por completo. Sen ningunha resistencia, La Rioja fĆxose co ritmo do partido ata firmar o abultado 92-55 final.
MINIBASKET FEMININO – Grupo Preferente C
(15.30 h) (Pavillón CompaƱĆa de MarĆa)
Ceuta – Galicia (9 – 59)
Galicia deixou ver ou seu bo xogo desde ou minuto cero. O primeiro sexto foi a toma de contacto axeitada, propicia asinar un parcial de 5-15 que deixaba clara a sĆŗa superioridade.
Nesta liƱa positiva foi crecendo no encontro, dominando a posesión, os rebotes, e as recuperacións. As ceutĆs non conseguiron entrar en competición e o duelo foi cada vez mĆ”is claro a favor das galegas, quenes xa pecharon acta ao remate do terceiro cuarto.
O descanso serviu para arranxar e corrixir pequenos erros. Desterrada a falla de concentración, a segunda metade foi aĆnda mĆ”is rica en intensidade, perfilando a imaxe galega e incrementando a vantaxe, unha tendencia que proseguiu Ć” alza ata o derradeiro sexto.
Nos últimos instantes, evidenciÔronse problemas no tiro baixo aro e nas recuperacións de balón, sinais da necesidade de mellorar e seguir crecendo nas vindeiras xornadas deste Campionato de España.