O próximo mes de xuño esta Federación Galega de Baloncesto organiza as Fases Finais dos Campionatos de España Infantil masculino e feminino na comarca do Salnés (Cambados) e Pontevedra, respectivamente.
Co fin de facilitarlle a procura aos clubs e acompañantes que asistan ao citado campionato dende esta FGB se achegan tarifas para o aloxamento, as cales pon á súa disposición a nosa Axencia Oficial: VIAXES KARYMA (Tlf: 981941010 – 644407930), mail: carlos@karymaviajes.es
Os prezos, os cales se indican no documento que se achega, son EXCLUSIVOS da Axencia.
En caso de estar interesados, deberán poñerse en contacto con eles para as posibles reservas, tanto de aloxamento, como excursións ou calquera outra actividade que queiran facer.
Infantil Masculino: Oferta oficial de aloxamento
Infantil Feminino: Oferta oficial de aloxamento