Campionatos de España de Clubs Cadetes: estrea este domingo

Os Campionatos de España de clubs en categoría cadete póñense en marcha este mesmo domingo, 26 de maio; data dende a que Galicia, como xa ocorreu en categoría júnior, volverá a ser protagonista no apartado masculino, convertendo a Ferrol en sede da competición.

XV Campionato de España Clubs Cadete Masculino

Grazas ao esforzo de Ferrol C.B. e do Concello de Ferrol, a cidade departamental acollerá ao total de 32 equipos que participarán na cita cadete, na cal contaremos, por suposto, con triple presenza galega: Instituto Rosalía (campión galego), Estudiantes de Lugo Leyma Natura (Subcampión Galego) e Sant Yago (3º clasificado).

Instituto Rosalía
Estudiantes Lugo Leyma Natura
Sant Yago

XV Campionato de España Clubs Cadete Feminino

En categoría feminina, o campionato trasládase ata Castilla la Mancha, sendo Guadalajara a localidade ata a que terán que viaxar os equipos galegos inmersos, por pleno dereito, neste Campionato: R.C. Celta Maristas (campión galego) e Peleteiro (Subcampión Galego).

Peleteiro
Real Club Celta Maristas

Os nosos cinco equipos acuden a competir coa mesma dinámica que se leva a cabo nas restantes categorías: 32 equipos competirán divididos en oito grupos de catro membros durante a fase previa. Tras esta, os dous primeiros de cada grupo obterán o pasaporte para os oitavos de final, onde a emoción comezará a transformarse grazas á eliminación directa ata as finais (sábado, un de xuño de
2013).

A continuación podes consultar os calendarios para ambos os Campionatos: 

 

XV Campionato de España Clubs Cadete Feminino
XV Campionato de España Clubs Cadete Masculino

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram