Sábado de celebración para Instituto Rosalía en Santiago de Compostela. O equipo da capital galega pasa, por partida dobre,
a engrosar a actual nómina de campións FGB nesta 2012 – 2013.
As Ligas FGB de Primeira División Sénior Masculina e Cadete Masculina pechan a súa temporada co equipo santiagués como líder definitivo e con celebración por duplicado no pavillón do propio Instituto.
Os capitáns dos equipos de ambas as categorías recolleron as súas Copas de Campións das mans do Presidente de Honra FGB, Paco García, quen compartiu a ledicia dos xogadores.
Subcampións
Os Campionatos de Instituto Rosalía rubricáronse co remate das Ligas Primeira Sénior Masculina e Cadete, competicións que tamén coñeceron esta fin de semana, de xeito definitivo, o nome dos seus subcampións. Así, Santo Domingo de Betanzos no apartado Sénior e Estudiantes de Lugo en Cadete quedaron posicionados como tal e, en virtude da súa 2º praza, recibirán o seu recoñecemento e trofeo en próximas datas.