Campionato de España Junior Masculino: calendario definitivo

Tras a disputa das últimas fases finais en cada comunidade autónoma, a Federación Española de Baloncesto publica o calendario definitivo do XLIV Campionato de España Junior Masculino de Clubs, que organizará a Federación Madrileña entre os días 3 e 9 de maio en Torrejón de Ardoz.

Na primeira fase, os 32 equipos participantes, entre os que están Estudiantes Lugo (1º Galicia), Rosalía de Castro (2º Galicia) e Sant – Yago (3º Galicia); rotarán entre tres pavillóns, o Jorge Garbajosa, o José Antonio Paraíso e o Javier Limones. Os dous primeiros acollerán os oitavos de final o mércores 6, mentres que, a partir de cuartos, o Garbajosa concentrará todos os partidos.

No documento que achegamos preséntase o calendario completo.

XLIV Campionato de España Junior Masculino: calendario definitivo

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram