Campionato de España Infantil Feminino: Sorteados os grupos e cruces da primeira rolda

Na mañá do mércores coñecéronse os emparellamentos e grupos do XXX Campionato de España de Clubs Infantil Feminino que se celebrará en Pontevedra entre os vindeiros días 15 e 21 de xuño.

C.B. Arxil (campión galego) Celta Selmark (subcampión) e Mercedarias Hotel Suizo (3º) son os representantes do Basket Galego neste Campionato, especial por celebrarse na nosa propia Comunidade.

(info: Área Comunicación FEB) O Gran Canaria 2014, vixente campión, estará encadrado no grupo A. Pola súa banda, o terceiro clasificado do torneo pasado, Tuenti Móbil Estudantes, estará no grupo B.

O calendario e grupos da primeira rolda do Campionato de España de Clubs Infantil Feminino de Pontevedra foi sorteado esta mañá. Divididos en oito grupos de catro equipos cada un, os 32 equipos que tomarán parte a partir do 15 de xuño neste torneo xa coñecen os seus emparellamentos da primeira rolda e os horarios dos partidos que se disputarán nesta fase.

Esta é a relación de grupos para a cita de Pontevedra:

Grupo A: Gran Canaria 2014, Jesuítas BF León, CD Villa de Luanco e Aranguren Mutilbasket.

Grupo B: Tuenti Móvil Estudiantes, CB Arxil, Rest. Barros Champagnat e La Salle Melilla

Grupo C: Ros Casares, JE Terrasa, Megacalzados Ardoi e Rivas Ecópolis

Grupo D: Canterbury Idecnet, Celta Selmark, Basket Cartagena Químicas Meroño e San Viator.

Grupo E: Hidropolivital Almeda, Stadium Casablanca, Gernika BHI e Maristas Córdoba.

Grupo F: VentasK Group Las Rozas, UVA Ponce, La Salle e CN Helios.

Grupo G: Easo Eskola, Andalucía Promesas Litoral, Mercedarias Hotel Suizo e Campión de Extremadura.

Grupo H: Snatt’s Femení Sant Adriá, Picken Claret, Kell’s College e CB UCA Ramón y Cajal.

XXX Campionato de España de Clubs Infantil Feminino: calendario

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram