Xa se celebrou o sorteo do Campionato de España Infantil Feminino que se disputará do 14 ao 20 de xuño en Pontevedra baixo a organización de C.B. Arxil e Concello de Pontevedra. Esta cita coa configuración do calendario tivo lugar no marco do “3×3 na Rúa” que o equipo pontevedrés celebrou na Alameda Pontevedresa reunindo a unha elevada cifra de participantes: 1107 escolares e 50 profesores.
Aínda faltan Federacións Autonómicas por celebrar as súas fases polo que no sorteo non están os 32 equipos que loitarán polo trono deste Campionato de España Infantil.
Grupo A: Ardasa UVA Ponce, Aranguren Multibasket 01, SD Candray y CB-UCA- La Cerca.com.
Grupo B: Sant Adrià, Stadium Casablanca, Aros 100% y un equipo de Asturias.
Grupo C: Valencia Basket, CB La Salle Palma, Movistar Estudiantes, San Isidro.
Grupo D: Colegio Alameda de Osuna, Hotel Gran Vía Champagnat, CB Burlada y primer equipo del País Vasco.
Grupo E: Alicante, Lo Monaco GMASB, Celta Selmark y equipo del País Vasco.
Grupo F: UE Mataró, Náutico Tenerife, CN Helios y El Pilar.
Grupo G: Citylift Uni Girona, CB Arxil, Cabaña Buenavista MB y La Salle el Carmen.
Grupo H: La Salle Tenerife, Pabellón Ourense, EM Pielagos y primer equipo Extremadura.
A Primeira Fase contará con tres xornadas (14, 15 e 16 de xuño) con sistema de liguilla a unha volta no que os dous primeiros clasificados meteranse en oitavos de final (17 de xuño). O xoves 18 xogaranse os cuartos de final, o venres 19 as semifinais mentres que o sábado 20 disputarase a gran final.