Campionato de España Infantil e Cadete 2017: Resultados galegos – 05/01/15

Consulta, a continuación, os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantil e Cadete neste xoves, cinco de xaneiro; último día de competición da FASE PREVIA e decisivo para a sorte galega nos cruces do #KDTINF2017.

 

WEB OFICIAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

#seleccionsgalegas #KDTINF2017 #SomosFuturoFEB

GALERÍA DE IMAXES 03/01/17

GALERÍA DE IMAXES 04/01/17

GALERÍA DE IMAXES 05/01/17

Cadete Masculino – Fase Previa Grupo Preferente D
Galicia, Islas Baleares, La Rioja e Murcia.

05/01/15 – Xornada 3
(13:30 h) Galicia – Illas Baleares (Pavillón Gibraleón)

(65 – 78) (9 – 20, 19 – 17, 20 – 22, 17 – 19) Estatística

Partido historia para Galicia, incapaz de meterse en liza para poder optar á vitoria. A acción empezou igualada sobre a pista pero un parcial 0 – 12 para Baleares deixou latentes as primeiras diferenzas importantes no marcador. Esta posición de inferioridade, sen sensacións reais de poder engancharse ao xogo que presentaba o rival, estendeuse visiblemente ata o asubío final. A nosa Selección Cadete sumaba a súa segunda derrota da Fase Previa, agardando coñecer o seu rival para os cruces clasificatorias deste vernes. 

Cadete Feminino – Fase Previa Grupo Especial A
Galicia, Madrid, Aragón, Andalucía e Canarias.

05/01/15 – Xornada 4
(09:30 h) Galicia – Canarias (Pavillón Gibraléon)

(65 – 66) (24 – 16, 13 – 25, 16 – 7, 12 – 18) Estatística

Xornada aciaga para Galicia Cadete Feminina, que comezou cunha máis que apretada derrota ante Canarias. A pesares dun primeiro cuarto ben entonado e afortunado no seu tiro exterior, o equipo de Víctor Fernández non puido manter este bo sino no que se lle viña por diante.

As perdas de balón, dobremente perxudiciais ante un equipo áxil como o Canario, afinadísimo ademáis no rebote ofensivo; provocaron que Galicia tivese que forzar a máquina, pero sen rendemento. 

A segunda metade de encontro derivou nun eficaz xogo interior galego cuxas posibilidades quedaban neutralizadas pola defensa en zona rival, atranco de calado que se antoxou insalvable para o cadro galego.

05/01/15 – Xornada 5
(17:30 h) Andalucía – Galicia (Pavillón Gibraléon)

(63 – 53) (16 – 16, 11 – 21, 10 – 10, 26 – 6) Estatística

Demoledor último cuarto para unha Galicia que parecía ter o seu futuro encarrilado tras a solvencia amosada na primeira metade de encontro. O equipo de Víctor Fernández inicou o partido dando mostras da súa actitude proactiva apesares de acusar o esforzo realizado na súa apretada cita previa ante Canarias.

Un marcador que parecía crecer paulatinamente ao seu favor empezou a romperse na súa contra no ecuador dos derradeiros dez minutos, deixando a Andalucía máis preto que nunca, situación que esta soubo aproveitar satisfactoriamente, xerando imprecisións, perdas de balón e nervios no bando galego.

Estos erros finais pagáronse de xeito duro, baixando o ritmo e non podendo solventar xa a diferenza marcada polas locais. Ao remate, no electrónico, dez puntos de diferenza que deixan agora a Galicia na loita por defender a súa praza no Grupo Especial (06/01/17 – 17:30 h, ante Extremadura)

Infantil Masculino – Fase Previa Grupo Especial B
Galicia, Cataluña, Andalucía, Euskadi e Castilla León

05/01/15 – Xornada 4
(09:30 h ) Castilla León – Galicia (Pavillón Frontón. Palos)

(58 – 57 ) (16 – 17, 15 – 12, 14 – 13, 13 – 15) Estatística

Non puido ser. Galicia buscou, sen fortuna, un pase a semifinais nun partido de alto ritmo de xogo e con opcións parellas entre ambos os equipos dende o minuto cero.

O electrónico visibilizou en todo momento que ningunha das escuadras quería deixar perder a oportunidade, movéndose entre parciais de anotación moi parellos, e pagando cara cada perda de balón ou erros nas recuperacións e na toma de decisións.

O equipo de Ricardo Aldrey mantivo as súas posibilidades intactas ata os segundos finais, intresn os que o trunfo rondou os dous banquiños, decantándose, finalmente, pola mínima vantaxe (58 – 57) por Castilla León.

Tras este resultado, Galicia deberá disputar can a xornada do venres, seis de xaneiro, o encontro polo 5º posto, ás 11.30 h a falla de coñecer o seu opoñente.

Infantil Feminino – Fase Previa Grupo Especial A
Galicia, Cataluña, Euskadi, Aragón e Madrid

05/01/15 – Xornada 5
Descansa

 

#KDTINF2017: calendario infantil
#KDTINF2017: calendario cadete
Estatística Cadete Feminina. Galicia – canarias (65 – 66)
Estatística Cadete Feminina. Castilla León – Galicia (58 – 57)
Estatística Cadete Masculina. Galicia – Baleares (65 – 78)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram