Campionato de España Infantil e Cadete 2016: Resultados galegos – 05/01/15

Consulta a continuación os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantil e Cadete no seu terceiro día de competición no Campionato de España.

WEB OFICIAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

Galería Imáxenes: Galicia – 03/01/16

Galería Imáxenes: Galicia – 04/01/16

Galería Imáxenes: Galicia – 05/01/16

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete Masculina – Preferente C
(Ceuta, Castilla La Mancha, Asturias, Melilla)

05/01/15 – 4º xornada
(11:30 h) Asturias – Galicia (PavillónSur – Lepe) (76 – 63) (20-7, 19-18, 14-14, 23-24)

Desafortunado e accidentado partido o vivido esta mañá en Lepe. Unha Galicia desencaixada mantívose a remolque do xogo asturiano na maior parte do encontro, marcado este por un moi mal primeiro cuarto. Un parcial de 0 – 6 nos cinco primeiros minutos de xogo desfacía todas as facetas do equipo que dirixe Miguel Maseda.

A pesares de amosar unha tímida reacción na segunda metade, cun terceiro e derradeiro cuarto no que se traballou arreo por axustar a diferenza final de puntos, vital neste tipo de competicións, Galicia anotaba a súa primeira derrota da Fase Previa. 

05/01/15 – 5º xornada
(19:30 h) Galicia – Melilla (Palacio Deportes Huelva) (69 – 43) (12 – 14, 17 – 11, 17 – 12, 23 – 6)

Melilla superou as expectativas deportivas que, sobre o papel, se apuntaban para este encontro. Un moi mal inicio dos galegos, completamente fóra de xogo, sumouse á boa posta en escea dos rivais, que aguantaron e contrarestaron ben durante os tres primeiros cuartos o baixo ritmo galego. O equipo de Miguel Maseda non foi quen de dispararse no marcador ata os derradeiros dez minutos, un tempo aproveitado para poñerlle o broche ao encontro deixando mellor imaxe da amosada no inicio. 

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete Feminina – Especial B
(Madrid, Islas Baleares, Castilla León, Cataluña)

05/01/15 – 5º xornada
(15:30 h) Cataluña – Galicia (Pavillón Plus Ultra Palos) (55 – 43) (13 – 10, 25 – 12, 4 – 16, 13 – 5)

Galicia cumplimentou o seu derradeiro encontro da Fase Previa con agridoce sabor. Competindo cara a cara ante Cataluña, e confirmando o seu gran nivel e corazón, o equipo de Víctor Fernández, deixou unha gran imaxe pero perdeu tanto no marcador como nas súas opcións de acceder ás Semifinais.

A excepción dun terceiro cuarto de encontro no que Cataluña gañou unha vantaxe que sería vital, Galicia foi protagonista en intensidade e gañas durante os restantes minutos de xogo. En resumo, un recompensa deportiva escasa que a leva a loitar agora por defender a súa praza na categoría Especial. Este paso darase ás 09:30 h do mércores ante Navarra.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil Feminina – Preferente C Fase Previa
(Ceuta, La Rioja, Murcia e Extremadura)

05/01/15 – 5º xornada
(10:00 h) Galicia – Murcia (Pavillón Cortés Media – Lepe) (57 – 37) (16 – 10 – 19 – 11, 10 – 8, 12 – 8)

Cuarta vitoria para Galicia na Fase Previa. Trunfo que lle permitiu rematar invicta esta etapa inicial da competición. Ante Murcia, e mantendo o seu alto nivel competitivo, as galegas volveron a ir de menos a máis, destacando a súa fortaleza dende a defensa. Vinte puntos de diferenza coroaron o mellor final para un equipo que aspira ao máximo que permite o Grupo Preferente: ascenso e título desta categoría.

05/01/15 – Semifinal Preferente 1 – Cruces Clasificatorias polo ascenso
(17:30 h) Galicia – Navarra (68 – 33) (14 – 11, 21 – 8, 19 – 7, 14 – 7)

Ascenso a Grupo Especial!! Así remataba unha cita ante Navarra que encheu de ledicia ás filas galegas.O combinado infantil empezou o encontró dubidativo pero, consciente do que estaba en xogo, non tardou en subir o ritmo.

Navarra acusou o cambio de velocidade aplicado polas galegas e, dende o segundo cuarto, estivo sempre por debaixo tanto en ataque como en defensa. A ampla diferenza de puntos colleitada por Galicia durante a primeira metade foise estendendo ata fixarse nunha marxe de 30 puntos xa insalvable para as rivais.

Con esta vitoria, chegaba pois o tan buscado ascenso de grupo e a posibilidade de disputar este mércores a Final Preferente ante Murcia.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil Masculina – Preferente D
(Asturias, La Rioja, Castilla La Mancha)

05/01/15 – 3º xornada
(12:00 h) Castilla de la Mancha – Galicia (Complejo Gil Hernández – Punta Umbría) (58 – 75) (13 – 16, 18 – 17, 13 – 18, 14 – 24)

Galicia e Castilla La Mancha ofreceron un moi competido encontro, importante para os intereses galegos, xa que se buscaba unha terceira vitoria e con ela a clasificación para a Semifinal Preferente.

Un comezo definido pola igualdade e un ritmo inicial algo pausado deixou paso a un segundo cuarto no que Galicia asentouse en pista e despregou o seu control de balón de forma moi rendable, tanto no marcador como anímicamente.

Castilla La Mancha non quería deixar escapar as súas opcións e vixiaba de preto a vantaxe galega no electrónico. Como reacción, o equipo de Ricardo Aldrey incrementaba o ritmo na entrada do último cuarto, estratexia que os manchegos non foron quen xa de frear.

No remate ledicia pola vitoria sumada e a recuperarse para a xornada do mércores na que desputaremos a Semifinal Preferente ante Baleares (09:30 h)

Cadete Masculino: Asturias – Galicia (76 – 63)
Infantil Feminino: Galicia – Murcia (57 – 37)
Infantil Masculino: Castilla de la Mancha – Galicia (58 – 75)
Cadete Feminina: Cataluña – Galicia (55 – 43)
Infantil Feminina: Galicia – Navarra (68 – 33)
Cadete Masculina: Galicia – Melilla (69 – 43)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram