Campionato de España Infantil e Cadete 2016: Resultados galegos – 04/01/15

Consulta a continuación os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantil e Cadete no seu segundo día de competición no Campionato de España, tras vivir un pleno de catro vitorias en outros tantos encontros no seu debut o domingo.

WEB OFICIAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

Galería Imáxenes: Galicia – 03/01/16

Galería Imáxenes: Galicia – 04/01/16

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete Masculina – Preferente C
(Ceuta, Castilla La Mancha, Asturias, Melilla)

04/01/15 – 3º xornada
(17:30 h) Galicia – Castilla La Mancha (Pavillón Sur Lepe) (67 – 62) (6-13, 25-22, 21-6, 15-21)

A Galicia de Miguel Maseda chega de cheo á loita polas semifinais grazas á súa segunda vitoria neste Campionato. Ante unha Castilla La Mancha que dominou o encontro durante toda a a primeira metade, Galicia comezou dubidativa, imprecisa e falta de acerto en ataque.
Por debaixo no marcador durante os primeiros 20 minutos, os cadetes galegos parecían estar sempre a remolque, situación que arranxaron tras o descanso.

Á volta dos vestiarios deixounos unha Galicia reactivada, capaz de sacar petróleo de todas as súas acción e artífice dunha remontada crucial para selar a vitoria final. O terceiro cuarto, como punto de inflexión, deulle a volta ao marcador e ao control do xogo, que xa era de cor celeste.

Os manchegos buscaron frear a reacción galega e mantiveron un alto ritmo no derradeiro cuarto, o cal, non sen algún que outro susto, ratificou o trunfo para os intereses galegos.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete Feminina – Especial B
(Madrid, Islas Baleares, Castilla León, Cataluña)

04/01/15 – 3º xornada
(11:30 h) Illas Baleares – Galicia (Palacio Deportes Huelva) (43 – 55) (12 – 18, 10 – 12, 10 – 8, 11 – 17)

Segunda vitoria para o equipos de Víctor Fernández, un trunfo valioso para os seus intereses nesta esixente fase previa. Un prometedor inicio de partido, cun parcial de 0 – 12 que se estendeu no tempo, abriu o panorama para Galicia, que sabía administrar as súas opcións de xeito acertado.

As principais dúbidas para o combinado galego xurdiron no derradeiro cuarto, minutos perigosos nos que viu peligrar a solvente vantaxe de 10 puntos coa que chegara ata este intre. Neste derradeiro compás de encontro, Extremadura atopou comodidade para recurtar e buscar canastra, situación que Galicia, afortunadamente, rompeu nos últimos cinco minutos. Nestes, de novo 8 puntos arriba, asinou a súa segunda vitoria deste #KDTINF2016.

04/01/15 – 4º xornada
(19:30 h) Galicia – Castilla León (Pavillón Sur Lepe) (43 – 64) (14 – 15, 12 – 10, 8 – 15, 9 – 24) 

Revés en forma de derrota para as cadetes galegas. Competindo por unha praza en Semifinais, Galicia sacou ante Castilla León toda a súa capacidade de xogo, a cal permitiu manter a máxima igualdade no electrónico durante a primeira metade de partido. Pero, as alternancias nos puntos e as canastras rápidas en ambos os bandos que protagonizaron estos primeiros vinte minutos víronse solapadas polo cansazo, que fixo a súa primeira aparición no combinado galego. 

A falla de acerto ante o aro, así como as imprecisión en defensa, deixaron ás galegas a merced do dominio de Castilla León, un rival ben plantado que fixo seus os dous últimos cuartos. Ao remate unha vantaxe no marcador (21 puntos) máis grande que a diferencia real atopada na pista condenaba á Galicia á derrota e a agardar ata o martes para coñecer as súas opcións na busca dunha praza en semifinais.

 

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil Masculina – Preferente D
(Asturias, La Rioja, Castilla La Mancha)

04/01/15 – 2º xornada
(15:30 h) Galicia – La Rioja (Complejo Gil Hernández – Punta Umbría) (70 – 66) (13 – 17, 17 – 15, 18 – 15, 22 – 19)

Segunda vitoria do total dos tres partidos que o equipo de Ricardo Aldrey debe disputar nesta Fase de Grupos. Este novo trunfo ante La Rioja, non sen traballo, permite que Galicia acceda ás eliminatorias, desputándose agora a outra praza do grupo entre Asturias e Castilla La Mancha.
Pero antes, e como derradeiro encontro da Fase Previa, toca enfrontarse ás 12:00 h do martes, 4 de xaneiro, ante, precisamente, Castilla la Mancha.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil Feminina – Preferente C
(Ceuta, La Rioja, Murcia e Extremadura)

04/01/15 – 3º xornada
(10:00 h) Galicia – Extremadura (Gibraleón) (78 – 35) (17 – 6, 19 – 12, 24 – 6, 18 – 11) 

Desenlace feliz para os intereses infantís galegos no seu primeiro partido do día. ante Extremadura, e de novo madrugando, as xogadoras de Nacho Silva volveros a amosarse co ritmo preciso para dominar un partido vital para seguir crecendo.

A pesares dun inicio lento por ambas as partes, Galicia deixou a súa pegada e dominio durante a maior parte do xogo, destacando positivamente o seu traballo colectivo nun terceiro cuarto que a afastou definitivamente no electrónico.

Ao remate, máis sensacións positivas sumadas e tempo para correxir e pulir erros de cara ao encontro da tarde ante La Rioja.

04/01/15 – 4º xornada
(17:30 h) La Rioja – Galicia (Complejo Gil Hernández – Punta Umbría) (43 – 73)

As nosas infantís teñen un pé en Semifinais. A vitoria sumada ante La Rioja, a segunda do día, e terceira no global da súa Fase Previa, permite avanzar nas aspiracións do equipo e desputar, con maior confianza o último encontro desta etapa inicial do Campionato.

O reto máis inmediata pasa agora por volver a madrugar este martes,4 de xaneiro, para pechar, en Lepe e ante Murcia, unha máis que positiva Previa.

 

 

Cadete Feminina:Baleares – Galicia (43 – 55)
Infantil Feminina: Galicia – Extremadura (78 – 35)
Cadete Masculino: Galicia – Castilla La Mancha (67 – 62)
Infantil Feminino: La Rioja – Galicia (43 – 73)
infantil Masculino: Galicia – La Rioja (70 – 66)
Cadete Feminino: Galicia – Castilla León (43 – 64

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram