Campionato de España Infantil e Cadete 2016: Resultados galegos – 03/01/15

Consulta a continuación os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantil e Cadete no seu primeiro día de competición no Campionato de España, a desputar na Provincia de Huelva desde este mesmo domingo, 3 de xaneiro; e ata o vindeiro día sete. 

 

WEB OFICIAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

Galería Imáxenes: Galicia – 03/01/16

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil Masculina – Preferente D
(Asturias, La Rioja, Castilla La Mancha)

03/01/15 – 1º xornada
(15:30 h) Asturias – Galicia (Pavillón San Juan del Puerto) (50 – 55) (6-12, 20-16, 5-15, 19-12)

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil Feminina – Preferente C
(Ceuta, La Rioja, Murcia e Extremadura)

Partido de ida e volta o desputado entre dúas Autonomías veciñas e vellas coñecidas como son Galicia e Asturias. O equipo que dirixe Ricardo Aldrey obtivo un axustado trunfo, non sen sufrir numerosas perdas e imprecisións no seu xogo. 

O combinado asturiano permitiu triunfar en escasas ocasións á presión e ao agarre galego. O dominio máis claro dos nosos rexistrouse no terceiro cuarto, tempo no que souberon administrar con mellor rendemento a súa concentración.

Os derradeiros dez minutos sucedéronse con altibaixos no xogo de ambas as escuadras, provocados en gran medida pola humidade xerada na pista, a cal facía moi difícil enlazar xogadas. Ao remate, e non sen apuros no electrónico, Galicia rubricou a súa primeria vitoria en Huelva grazas a dous tiros libres anotados en resposta a unha peligrosa tripla asturiana.

(10:00 h) Ceuta – Galicia (Aljaraque) (0 – 51) (33-0, 18-0)

Madrugador e frío partido o do debut das nosas infantís en Huelva. A diferenza técnica entre ambos os equipos, así como o control dos nervos; acelerou un peche de marcador na primeira metade de partido, deixando aberta toda unha segunga parte para ir collendo o ritmo preciso para a restante competición que vén por diante. A próxima cita, este luns ás 10:00 h ante Extremadura e ás 17:30 h fronte a La Rioja.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete Masculina – Preferente C
(Ceuta, Castilla La Mancha, Asturias, Melilla)

03/01/15 – 1º xornada
(15:30 h) Ceuta – Galicia (Pavillón Plus Ultra Palos) (30 – 100) (6-38, 12-25, 4-15, 8-22)

Galicia Cadete Masculina asinou unha cómoda vitoria ante unha Ceuta, un equipo que a pesares de contar con menor potencial que o combinado de Miguel Maseda, aguantou o dominio galego ata ben entrado o tempo de descanso. Galicia seguiu remando favor tamén durante unha segunda parte de partido que serviu para ir crecendo en confianza e aumentar o ritmo que fará falla durante a xornada do luns. O rivais que agarda nesta data é Castilla La Mancha (17:30 h)

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete Feminina – Especial B
(Madrid, Islas Baleares, Castilla León, Cataluña)

03/01/15 – 2º xornada
(19:30 h) Galicia – Madrid (Complejo Hdez. Albarrán. Punta Umbría) (50 – 48) (17- 14, 8 -13, 15 -12, 10 – 9)

Importante trunfo para Galicia nun encontro ante Madrid que se disputou, ata o asubío final, entre a máxima igualdade e indecisión respecto ao resultado.

As xogadoras de Víctor Fernández souberon asentarse dende o primeiro cuarto, que se iniciou con total equilibrio entre ambos os equipos, e que foi de poder galego no electrónico. Madrid opuxo a esperada resistencia e acadou un parcial de 0 – 8 para axustar o encontro, pero este primeiro intento por non perder chance non se fixo realmente efectivo posteriormente.Unha Galicia forte en defensa no derradeiro cuarto, así como a intensidade e control que souberon imprimir nos nerviosos minutos finais, permitironlle manter a vantaxe arañada durante estos últimos dez minutos.

No intre decisivo, dous axustados puntos de diferenza numérica (50 – 48) pero unha ampla inxección anímica grazas á vitoria.

Selección Galega Cadete Feminina
Selección Galega Cadete Masculina
Selección Galega Infantil Masculina
Selección Galega Infantil Feminina
Calendario Cadete 2016
Calendario Infantil 2016
Infantil Feminino: Ceuta – Galicia (0 – 51)
Cadete Feminina: Galicia – Madrid: (50 – 48)
Infantil Masculino: Asturias – Galicia (50 – 55)
Cadete Masculino: Ceuta – Galicia (30 – 100)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram