Campionato de España Infantil e Cadete 2016 – 06/01/15: Doble título galego en Infantil Preferente

Consulta a continuación os resultados e estatísticas das Seleccións Galegas Infantil e Cadete no seu derradeiro día de competición no Campionato de España. En xogo, as cruces clasificatorias que definirán en que posición e categoría rematará cada equipo.

WEB OFICIAL CAMPIONATO DE ESPAÑA

Galería Imáxenes: Galicia – 03/01/16

Galería Imáxenes: Galicia – 04/01/16

Galería Imáxenes: Galicia – 05/01/16

Galería Imáxenes: Galicia – 06/01/16

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil Masculina

Semifinal PreferenteCruces Clasificatorias polo ascenso

(09:30 h) Baleares – Galicia (Pavillón Cortés Medina) (55 – 73) (17 – 18, 15 – 22, 15 – 18, 8 – 15)

O premio do ascenso a Especial. Ese foi o resultado do eléctrico partido que protagonizaron os infantís de Ricardo Aldrey ante Baleares. Un encontro marcado pola velocidade de ambos os combinados, as idas e voltas e a máxima igualdade dende o inicio, caeu para o bando galego. A nosa selección soubo marcar o tempo do xogo, iniciando a súa escalada á vitoria na metade do segundo cuarto. Un parcial de seis puntos a favor neste intre deixaría no marcador un tenteo de 24 – 30 que, posteriormente, non faría máis que crecer.

Baleares resistiu tan só dez minutos máis aos rápidos ataques de Galicia, fresca en ideas. Pero, o derradeiro cuarto deixou as craras que o trunfo, e o conseguinte ascenso a categoría especial, eran xa de cor celeste. 

O reto, agora, a Final Preferente ante Cantabria. A polo 1º posto!

Final Preferente

(18:00 h) Cantabria – Galicia (51 – 54) (17 – 15, 13 – 15, 12 – 9, 9- 15)

Un título de Campionato de España, en xogo. Esta foi razón de máis para que o Cantabria – Galicia ofrecera un duelo intenso e de clara ida e volta.

Galicia, algo apagada no inicio de partido, buscaba acabar invicta este #KDTINF2016 e despregaba todo o seu potencial sobre a pista. Unha igualada e frenética primeira metade, que contou con detalles de gran calidade nas filas Galegas, evidenciaba o complicado que sería facerse coa vitoria.

O regreso do descanso serviu para incrementar a indecisión e os nervios. Cada erro ou perda propiciaba unha ocasión rival. Pero o electrónico seguía dominado polo equilibrio. (42-39) E chegou o derradeiro cuarto e con el o Campionato. Non sen apuros, e apurando as opcións ata o límite, Galicia convertía se en CAMPIOA INFANTIL PREFERENTE. Parabéns!

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete Feminina

(4º B – 5º A) Cruces Clasificatorias por manter a categoría (Pavillón Hernández Albarracín)

(09:30 h)  Galicia – Navarra (63 – 61) (14 – 19, 14 – 11, 17 – 11, 18 – 20)

Ata o final. Así tivo que loitar Galicia para defender a súa praza en categoría Especial. O de Navarra foi un encontro de ti a ti, con constantes cambios de poder tanto na pista como no marcador. Na mente de todas as xogadoras de Víctor Fernández estaba non deixar escapar un posto nun Grupo no que teñen amosado dende a Fase Previa a súa valía. 

A igualdade constante e o acerto no tiro por ambos os bandos deixounos un partido realmente indeciso ata o seu remate, ao cal, foi Galicia, recollendo o froito do seu esforzo, a que obtivo a merecida recompensa. Parabéns!

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadete Masculina

(3º C – 3º D) Cruces Clasificatorias

(11:30 h) Galicia – Murcia (63 – 54) (19 – 15, 16- 10, 17 – 13, 11 -16)

Último partido do Campionato para os Cadetes galegos. Con únicamente en xogo o seu posto final na clasificación de preferente, os xogadores de Miguel Maseda plantaron cara a Murcia co obxectivo de deixar Huelva con sabor a vitoria. 

Contendo ben o ritmo do rival, ainda que non sen esforzo, Galicia lograba administrar  sabiamente a pequena vantaxe da que gozaría dende o descanso. 

Ao término do partido, aplausos para todos polo seu esforzo partido a partido e polo seu compromiso para defender ao Baloncesto Galego nunha Fase Previa esixente.

Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil Feminina

Final Preferente

(16:00 h)  Galicia – Murcia (Pavillón Andres Estrada. Huelva) (68 – 48) (8 – 8, 19 -13, 19 – 13, 22 – 14)

Costoulle a Galicia atopar o toque preciso para meterse de cheo nesta Final da categoría infantil Preferente. Un primeiro cuarto (8-8) entre nervios e tanteo do rival por ambos equipos, non fixo nada sinxelo establecer un ritmo preciso.

A tímida reacción galega comezou a fraguarse nos segundos dez minutos. O equipo de Nacho Silva activou a súa circulación de balón e elevou o seu atrevemento. Pero esta intención non se correspondía co acerto ante canastra, esquivo este durante boa parte dun segundo cuarto (27 – 21) que deixaba abertas todas as opcións.

A dinámica ao regreso dos vestiarios non mudou en demasía. Galicia seguía errando claras canastras pero, aínda así, permanecía por diante no marcador (46-34). OS derradeiros minutos ditaría pois sentencia.

E así foi. O xogo de interrupcións e no que o inevitable cansazo facía tamén aparición no rival facilitaba que as galegas estenderan a súa vantaxe ata o 68 – 48 final que as convertía en CAMPIOAS de GRUPO PREFERENTE. Parabéns!!

 

Cadete Feminina: Galicia – Navarra (63 – 61)
Infantil Masculina: Baleares – Galicia (55 – 73)
Infantil Feminino: Galicia – Murcia (68 – 48)
Infantil Masculino: Cantabria – Galicia (51 – 54)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram