Consulta aquí os resultados e estatísticas:
SELECCIÓN GALEGA CADETE FEMININA – GRUPO ESPECIAL “B”
Castilla León, Comunidad Valenciana, Cataluña, Madrid e Galicia
(05/01/14 – 5º xornada Fase Previa)
(10.00 h) Cataluña – Galicia (53 – 72)
(20-22,5-23,14-19,14-8)
Histórico pase a semifinais. Galicia Cadete Feminina asinou esta mañá, ante Cataluña (10.00h) o seu encontro final de Fase Previa, un partido redondo, en todos os sentidos, no que un Galicia perfecta en defensa acadou un histórico pase a Semifinais.
O equipo de Cristina Cantero, ao completo, fraguou a súa vitoria dende o primeiro minuto, establecendo unha primeira parte de gran nivel ante unha desdibuxada Cataluña que non foi quen de atopar o seu lugar na pista.
Galicia despregou unha defensa implacable que lle permitiu asegurar a súa posición no marcador e fortalecerse en ataque. Todo acompañado de acerto ante a canastra rival. Todo estivo de cara para as nosas xogadoras.
Tampouco fallaron cuestión claves como o control do rebote ou a boa xestión do ritmo de xogo . Galicia amosou a súa capacidade como equipo e a súa ilusión por estar na rolda de semifinais.
A segunda metade de xogo seguiu o mesmo guión: dominio galego e esforzo exemplar das galegas. Aguantar a vantaxe e xogar a favor de marcador foi a súa principal tarefa, cumprida con creces e sacando moito proveito das rotación ata chegar ao 53 – 72 final. Unha Cataluña nada cómoda ante o aro non puido contrarrestar.
Ao remate, festa na pista e nas gradas e a mente xa posta no ilusiónante encontro de Semifinais. Será as 17:30 h ante Canarias.
SELECCIÓN GALEGA CADETE MASCULINA – GRUPO ESPECIAL “B”
Comunidad Valenciana, País Vasco, Castilla León, Madrid e Galicia
(05/01/14 – 5º xornada Fase Previa)
(12.00 h) País Vasco – Galicia
(10-10, 18-10, 12-11, 8-7) (48- 38)
Euskadi e Galicia víanse as caras co ambicioso obxectivo dunha praza nas semifinais, un premio a obter para o cal os nosos estaban obrigados a vencer por oito puntos.
Ambos equipos, conscientes da importancia desta meta final, comezaron ofrecendo boa cara e regalando aos presentes uns primeiros dez minutos ben igualados (10- 10) que permitían encarar con optimismo o segundo cuarto.
Xa entrados neste, o equipo vasco viuse galardoado con maior acerto en ataque e dominio no control de xogo. Pola contra, Galicia non vía aro e numerosos erros obvios impedíanlle materializar canastras ata os últimos catro minutos de xogo. Neste intre, o rival aproveitaba tamén para irse no electrónico cun parcial a favor de 13-0. Ao descanso a vantaxe vasca sumaba xa oito puntos.
Ao regreso dos vestiarios, a pesares do esforzo galego por non dicir adeus a tan desexada semifinal e de manter un bo nivel en defensa, a condena viu da man dos erros non forzados e da baixa porcentaxe de acerto, tanto en intentos de dous como de tres puntos.
Dous cuartos finais de 12-11 e 8-7 non mudaron o panorama establecido tras o negativo segundo cuarto de xogo, que foi o que realmente determinou o rexistrado no marcador final (48 – 38)
Tras esta derrorta, o propósito pasa agora por loitar e manter a Categoría Especial. A defensa da permanencia neste status actual disputarase ás 19.30 h desta tarde ante Castilla la Mancha.
Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadetes – Calendario
Selección Galega Cadete Masculina
Selección Galega Cadete Feminina