CAMPIONATO DE ESPAÑA CLUBS JÚNIOR MASCULINO: Estudiantes Lugo Leyma Natura: derrota en semifinais

Estudiantes de Lugo afrontou na mañá deste venres en Zaragoza, ante Regal Barcelona, un histórico partido de semifinais, rolda na que nunca antes estivera neste Campionato.

Non puido ser. Os xogadores de Alex Polo traballaron arreo, tal e como viñeron facendo dende a primeira xornada desta competición, para intentar superar a todo un Regal Barcelona, disposto a revalidar nesta edición o título xa acadado no pasado 2011 e que se fixo, finalmente, cunha contundente vitoria (105 – 63).

Aos lucenses agárdalles agora a máis que meritoria loita polo terceiro posto. Será mañá sábado, ás 11.00 h, ante o perdedor da outra seminifinal do Campionato: Joventut Badalona – Real Madrid.
SEMIFINAIS – 18/05/12

(12.00 h) REGAL BARCELONA – ESTUDIANTES DE LUGO (105 – 63)

(20.00 h) JOVENTUT BADALONA – REAL MADRID (0 – 0) (FEBtv)

Estatística: Regal Barcelona – Estudiantes de Lugo (105 – 63)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram