CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE MASCULINO: Marín Peixegalego, Subcampión

Banca Cívica impúxose a Marín Peixegalego na final do Campionato de España Cadete, unha cita celebrada en casa para os de Javi Llorente e que se converte xa nun recordo emocionante e inesquecible, como todo o campionato. Baloncesto de alto nivel e partidos repletos de paixón. (Crónica do encontro dispoñible en: www.feb.es)

Desde aquí, felicitar a Marín Peixegalego polo seu destacado papel e por chegar ata aquí, así como agradecer aos afeccionados galegos que durante un total de sete días encheron de paixón polo baloncesto as bancadas dos Pavillóns de Fontecarmoa (Vilagarcía), Sequelo (Marín) e A Raña (Marín). 

01/06/12 – Semifinais (Pavillón A Raña)

(20.30 h) Marín Peixegalego – Unicaja (76 – 62)

(18.30 h) Cajasol Banca Cívica – Barça Regal (80 – 75)

02/06/12 – Final e 3º/4º Posto (Pavillón A Raña)

3º/4º Posto (10.30 h) Unicaja – Barça Regal (96 – 69)

Final (12.30 h) Marín Peixegalego – Cajasol Banca Cívica (79 – 86)

Marín Peixegalego

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram