Cambios na estrutura directiva zonal da Federación Galega de Baloncesto

A Federación Galega de Baloncesto comunica que, en virtude das modificacións que se están a acometer na súa estrutura, os seus representantes nas Delegacións de Santiago e Lugo, Francisco Guillamet e Patricia Rico, respectivamente, cesan a partir do día de hoxe nas súas funcións como tal.

Deste xeito, Patricia Rico desvincúlase da disciplina federativa e, pola súa banda, Fran Guillamet continua vinculado á Federación Galega de Baloncesto mantendo vixente a súa labor como Coordinador da Área Arbitral, tarefa da que se fixo cargo o pasado mes de novembro de 2011.

Neste intre, a FGB desexa transmitir tanto a Patricia Rico como a Francisco Guillamet o seu agradecemento pola implicación e interese amosadas sempre para co Baloncesto lucense, santiagués e, por suposto, galego.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram