Cambios na estrutura directiva da Federación Galega

O presidente da FGB, Francisco Martín Micó, comunica que, no día de hoxe, muda o seu departamento de Secretaría Xeral, deixando o mesmo o que durante máis de 20 anos foi a súa cabeza visible, Miguel Blanco.

Miguel despídese desta faceta dentro do corpus da Federación, o cal non abandona xa que recolle a testemuña e establécese, designado polo presidente, como novo Vicepresidente da FGB, compartindo responsabilidade con Alberte Zato e José Manuel Villamarín.

Pola súa banda, e en virtude deste cambio, o cargo de Secretario Xeral da Federación Galega recae na persoa de Susana Fernández Fiuza, secretaria xeral axunta ata a presente data e na que o presidente deposita a súa confianza para esta nova etapa.

A ambos os dous, Miguel Blanco e Susana Fiuza, a Federación e o seu grupo de traballo agradécelles o traballo realizado ata o de agora nos seus diferentes postos, e está segura de que continuarán a aportar todo o posible nesta renovada situación que hoxe estrean dentro da FGB.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram