Calendario para a XXXV Copa Galicia Sénior Masculina

A chegada de outubro abrirá a disputa da XXXV Copa Galicia Sénior Masculina. A edición 2020 da competición copeira da Federación Galega de Baloncesto comezará neste mes de outubro que entra, e en virtude da situación sanitaria e competitiva excepcional desta temporada, deixará a súa data final para o próximo xaneiro de 2021.

Copa Galicia Sénior Masculino – Palmarés Histórico

Monbus Obradoiro, Leche Río Breogán, Leyma Coruña e Ibereólica Renovables Ourense serán os catro protagonistas dunha Copa Galicia que se realizará coa pertinente autorización da Secretaria Xeral para o Deporte e cumprindo as súas instrucións e requisitos sanitarios precisos xa coñecidos polos clubs participantes.

Os tres clubs de Leb Ouro disputarán ao longo do mes de outubro as tres xornadas da fase previa, resultando o mellor equipo da mesma como o finalista que buscará a Copa no partido decisivo ante Monbus Obradoiro, clasificado directamente pola súa condición de equipo ACB.

O calendario desta XXXV edición, con datas aínda por confirmar definitivamente, faranos desfrutar da Copa Galicia coa seguinte programación:

 Fase Previa

Xornada 1

LECHE RIO BREOGAN – IBEREOLICA RENOVABLES OURENSE (01/10/20 – 20.00 h) (Pazo Provincial dos Deportes) (81 – 54)

Xornada 2

IBEREOLICA RENOVABLES OURENSE – LEYMA CORUÑA (10/10/20 – 12.30 h)

Xornada 3

LEYMA CORUÑA – LECHE RIO BREOGAN (07/10/20 – 19.00 h) (Palacio Deportes) (75 – 72)

Final

MONBUS OBRADOIRO – 1º CLASIFICADO DA FASE PREVIA. Esta cita final terá lugar o día 20 ou o 21 de xaneiro do 2021. A data definitiva decidirase máis adiante e entre estas dúas opcións, sempre e cando o equipo LEB Ouro clasificado para a ocasión non teña que disputar a Final da Copa Princesa FEB, marcada tamén para esas datas. Neste último caso a Federación Galega de Baloncesto modificaría o día da final.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram