Calasancias, campión da Copa Galicia Autonómica Feminina

Calasancias convírtese no antepenúltimo equipo en sumar o título de campión de Copa Galicia nesta temporada 2014 – 2015. A falla de celebrarse este sábado, 1 de novembro; a última Fase Final da Copa Galicia, a correspondente á categoría Minibasket, foron Calasancias e Pío XII Fedesa os encargados en desputar o título autonómico feminino.

Copa Galicia 2014 – 2015; galería de imaxes

Coruñesas e compostelás víronse as caras este domingo 26 (12:00 h) en Ferrol, nunha cita organizada para a ocasión por Universitario Ferrol no Pavillón de Esteiro. Na mesma, a vitoria caeu no bando das herculinas (77 – 44), que celebraron o seu trunfo por todo alto. 

DSC 0072-001

Ambos bloques recibiron os seus correspondentes trofeos da man do Vicepresidente FGB e Delegado FGB en Coruña, José Manuel Villamarín.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram