Conta atrás para o Mundial de Baloncesto da man de Caixabank

(Foto: Caixabank)
(Foto: Caixabank)

CaixaBank, colaboradora principal da FGB; patrocina á selección española absoluta na Copa do Mundo de Baloncesto FIBA 2014 que se celebrará en España do 30 de agosto ao 14 de setembro.

Fernando Romay, acompañado do Presidente FGB, Francisco Martín; inaugura a nova imaxe das oficinas de CaixaBank para apoiar ao Campionato mundial de Baloncesto. Con este acto arrinca o programa de actos en torno ao baloncesto que terá lugar durante os próximos días na Coruña.

CaixaBank inicia a conta atrás ao Mundial de Baloncesto cunha nova imaxe que durante os próximos meses todas as oficinas da Comunidade despregarán nas súas fachadas en relación coa participación da selección absoluta no Mundial de Baloncesto. O campionato celebrarase no noso país desde o 30 de agosto ata o 14 de setembro e conta co patrocinio da CaixaBank. 

O ex xogador galego da selección nacional de baloncesto, Fernando Romay, colocou esta mañá o primeiro cartel da nova campaña con motivo do mundial de baloncesto 2014, protagonizada por xogadores da selección española de baloncesto e que poderá verse en Galicia a partir desta semana.

O acto de presentación tivo lugar esta mañá no exterior da oficina de CaixaBank en Sánchez Bregua, na Coruña. Acompañaron a Romay, o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Francisco Martín, e o director Territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou.

Tras despregar o cartel, no que figuran xogadores como Ricky Rubio, Marc Gasol e Rudy Fernández, Romay destacou o programa de actividades que se celebrarán nos próximos días na cidade herculina relacionados co Mundial de Baloncesto. Este programa conta tamén coa colaboración de CaixaBank.

Pola súa banda, Marc Benhamou aludiu ao compromiso que CaixaBank mantén cara á promoción e práctica do deporte, tanto a nivel base como ao respaldo a categorías superiores, como é o caso do patrocinio da selección absoluta.

Así, o sábado, 2 de agosto, A Coruña acollerá “Praza 2014”, unha xornada de baloncesto na rúa dirixida aos máis novos, que aúna entretenemento, deporte e emoción. Ademais, o 6 de agosto, a selección enfrontarase a Canadá no Coliseum da cidade, nun dos partidos preparatorios do Mundial.

unnamed2

Patrocinador oficial da selección española
CaixaBank é socio oficial da selección española de baloncesto e event sponsor da Copa do Mundo de Baloncesto FIBA 2014. O patrocinio da selección española de baloncesto permite a CaixaBank asociarse cun equipo líder na súa esixencia competitiva, próximo na súa actitude, impecable na súa imaxe e unido no seu obxectivo, valores todos eles aos que aspira a entidade e cos que se sente plenamente identificado.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram