Coa chegada da nova temporada, e co vindeiro mes de setembro marcado como o inicio da ruta de traballo para as Seleccións Galegas de Base 2018 – 2019, a Área Técnica da FGB confirma o plantel de Seleccionadores que comandarán os combinados autonómicos.
Mantendo boa parte da estrutura do pasado ano e reforzando así a confianza na mesma; o actual ciclo competitivo presenta novidades nas categorías femininas. Neste caso, Fernán Varela farase cargo da categoría cadete tras o seu paso pola infantil, dando o relevo a cargo de esta a Nacary Rojas. A adestradora ourensá liderará así a selección infantil, tras a súa recente experiencia como adestradora axudante na mesma.
No apartado minibasket, e debutando en Seleccións Galegas, incorpórase David Martínez Peciña, colaborador directo no traballo de Tecnificación FGB na pasada temporada e xa no presente con este novo reto por diante.
Seleccións Galegas 2018 – 2019
Selección Galega Cadete Masculina: Tito Díaz.
Selección Galega Infantil Masculina: Javier Peinó (Estudiantes Lugo)
Selección Galega Minibasket Masculina: Javier Cotelo (CB Artai)
Selección Galega Cadete Feminina: Fernán Varela (Estudiantes Lugo)
Selección Galega Infantil Feminina: Nacary Rojas (Bosco Salesianos)
Selección Galega Minibasket Feminina: David Martínez Peciña (Galén Ensino)