Club Baloncesto Viveiro organiza, por cuarto ano consecutivo, o seu particular “Desafío 2015 – 2016”, un encontro que enfrontará a dous centros educativos da vila: IES Vilar Ponche e ao IES Maria Sarmiento.
Esta cita reunirá en torno ao basket este venres, 18 de marzo; e de forma masiva, a profesores e alumnos dos dous centros indicados, convertíndose nunha festa deportiva coa particularidade de que a primeira parte do partido celébrase en categoría masculina e a segunda en feminina.
Na organización desde “Desafío 2015 – 2016″ involúcrase todo o persoal deportivo e directivo de Club Baloncesto Viveiro, o cal convida a asistir a todos os afeccionados da zona ao Pavillón Municipal de Viveiro para desfrutar xunto a eles da experiencia.