C.B Porto do son promove o “V Pequebasket Internacional Concello Porto do Son”

Os vindeiros días 3 e 4 de xuño disputarase no Pavillón de Trapa (Portosín) a “V edición do Pequebasket Concello de Porto do Son”, dirixido ás categorías babybasket, preminibasket e minibasket. 

A primeira xornada, a do sábado, arrincará coas categorías babybasket e premini, cuxos encontros disputaranse en 4 cuartos de 8 minutos, a tempo corrido. Participarán equipos de toda Galicia, estando representadas as catro provincias, xunto ao Colexio Río Piles de Asturias e ao Porto Dragon Force portugués.

O domingo saltarán xa á pista os equipos de categoría mini masculino e mini feminino, que xogarán co mesmo formato que o día anterior, contando, todos os encontros, coa colaboración oficial do Comité Galego de Árbitros.

Esta festa do Pequebasket completarase ademais coa realización de diferentes actividades de ocio, obradoiros de aprendizaxe e mesmo a presenza de Hinchables para o desfrute dos máis novos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram