O vindeiro venres, 23 de decembro, aproveitando a presenza das Seleccións Galegas Infantil e Cadete Femininas na cidade de A Coruña, os equipos Maristas Coruña cadete e primeira nacional feminina enfrontaranse á Galicia infantil e cadete, respectivamente; e aproveitarán esta cita para amosar o espírito solidario do Baloncesto. #ActitudparaAprender #UnacuraparaAdri
Durante esta xornada de preparación por parte das Seleccións para a súa participación no Campionato de España, o Club herculino, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, solidarizase con Adri, un rapaz que padece Síndrome de Hunter. O Obxectivo do C.B. Maristas é o de poder axudar a sufragar os custos que supón un proxecto experimental que a familia de Adri quere poñer en marcha para buscar #UnacuraparaAdri .
Adrián foi diagnosticado Síndrome de Hunter ou MPS II en maio de 2016, cando apenas tiña 2 anos. A Síndrome de Hunter é unha enfermidade rara, xenética, dexenerativa, multisistémica e totalmente incapacitante, que actualmente non ten cura. No entanto, existen estudos sobre tratamentos baseados en terapia xénica con resultados esperanzadores que suporían a cura. Co achega de todos poder conseguirse que estes tratamentos cheguen ao mercado a tempo.
Con esta meta, os afeccionados que se acheguen ao pavillón de Maristas na indicada xornada do venres 23 deberán aboar unha entrada simbólica (a vontade). Cada espectador aportará o que crea oportuno. Así mesmo, no descanso do segundo encontro realizarase un sorteo de diferente material deportivo entre as entradas e rifas vendidas. A recadación íntegra irá destinada para que Adri poida cumprir os seus soños e seguir metendo canastras.
O plan concreto de partidos para esta cita solidaria e deportiva é o seguinte:
(16:00 h) Maristas Coruña Cadete – Selección Galega Infantil Feminina
(18:00 h) Maristas Coruña 1º División Nacional Feminina – Selección Galega Cadete Feminina