O CB Breogán segue avanzando no seu propósito de establecer lazos coas entidades baloncestísticas da súa zona de influenza.
O presidente breoganista, Antonio Veiga; o representante da Federación Galega, José Manuel Villamarín; e o director xeral de Caixa Rural, -entidade patrocinadora-, Jesús Méndez, presentaron este mércores un novidoso acordo dirixido aos clubs da provincia lucense e que inclúe: bonificacións de abonos para os federados, autocares para presenciar encontros do Breogán, e participación de xogadores e técnicos do Breogán en charlas, clínics e outras actividades en colaboración cos clubs asinantes.
Ademais, o Breogán abre as portas para que xogadores de equipos da provincia poidan participar en adestramentos co primeiro equipo.
A iniciativa arrinca con boa acollida sendo xa varios os clubs da provincia lucense que estamparon a súa sinatura neste acordo, o cal irá ampliando pouco a pouco o número de entidades adscritas.