C.B. Breogan acada o ascenso a ACB

(Foto: C.B. Breogan)

(Foto: C.B. Breogan)

O soño lucense do ascenso a ACB materializouse esta noite de venres, 13 de abril, nun Pazo dos Deportes coas gradas cheas e repletas para vivir en directo unha vitoria para a historia, a da xornada 32 da Liga Regular: un Cafés Candelas Breogán – Sammic ISB (93-89) que permite aos locais regresar, 12 anos despois, á Liga Endesa.

A Federación Galega de Baloncesto quere trasladar a súa felicitacións e recoñecemento a C.B. Breogán por este éxito e desexa que tanto o clube como os seus afeccionados, e con eles tamén os amantes do Baloncesto de toda Galicia, desfruten deste traballado premio deportivo. 

Parabéns!!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram