C.B. Allariz e Defensores do Morrazo, en marcha co “B3 Escolar – la Caixa”

A temporada 2012 – 2013 está a ser testemuña do debut do “B3 Escolar – la Caixa”, competición promovida pola FGB e “la Caixa” e orientada ás categorías minibasket e preminibasket co formato “3×3” como nexo de unión.

C.B. Allariz, Defensores do Morrazo, C.B. As Pontes e C.B Sarria son os catro clubs galegos que están a a dar vida a este novidoso programa, cuxo obxectivo radica na promoción da práctica do baloncesto, sen esquecer a compoñente formativa.

Comenzando o pasado mes de marzo a coller ritmo, e estreándose o mesmo por parte do Defensores do Morrazo, o “B3 Escolar – la Caixa” chega ao mes de abril co propio Defensores e con C.B. Allariz envorcados na actividade. Pola súa banda, C.B. as Pontes e C.B. Sarria agardan poder comezala canto antes.

Fin de semana de 3×3
Equipos procedentes de Cangas e a súa zona de influenza, así como de Allariz, Maceda e Verín disfrutan xa dunha competición que esta mesma fin de semana (en Allariz o 13 de abril e no Morrazo o 14) celebrará una nova xornada de encontros.

Repartidos en categoría mini e premini, o obxectivo destes partidos radica no encamiñar aos equipos participantes á súa clasificación para a fase final do programa “B3 Escolar – la Caixa”. Unha cita na que pagará a pena estar.

A Estrada, fin de festa
FGB e “la Caixa” trasladarán esta fase final do “B3 Escolar – la Caixa” ata un escenario perfecto: a localidade de A Estrada. Coa colaboración de Concello e Club local, ofrecerase un broche de luxo para a competición no que non faltarán as sorpresas, tanto deportivas como lúdicas. Esta festa do 3×3 será o 2 de xuño e a ela sumarase a Federación Española de Baloncesto a través do seu programa “Plaza 2014”.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram