Bota a andar a II edición do programa ‘Colexios BasketLover 2015’

(Foto: FEB)

(Foto: FEB)

(Área de Comunicación FEB) Tras o éxito do ano pasado no que participaron 60.000 alumnos, a FEB e Endesa convocan un concurso de debuxo inspirado na innovación aplicada ao baloncesto e que nesta edición contarÔ coa adhesión da Federación Galega de Baloncesto.

Celebrando o bo resultado da primeira edición do concurso Basketlover para colexios, na que participaron mÔis de 60.000 alumnos de toda España, a Federación Española de Baloncesto, en colaboración con Endesa, convoca un novo concurso destinado a estudantes de entre 8 e 12 anos apaixonados do baloncesto. Nesta segunda edición, na que a Federación Galega de Baloncesto se suma de cheo Ô iniciativa, os participantes terÔn que enviar un debuxo aplicando a innovación ao mundo do baloncesto.

Partindo de traballos en equipo, os colexios e alumnos participantes poderÔn optar a gañar premios, tanto individuais como colectivos, que axudarÔn a promover os hÔbitos saudables, deportivos, innovadores e lúdicos.

Para poder participar os responsables de cada colexio poden inscribirse na web do concurso www.colegiosbasketlover.com e convidar aos seus alumnos a participar en equipos de ata 5 estudantes. Cada colexio seleccionarÔ o seu representante que competirÔ contra outros centros ata que un xurado de expertos da Federación Española de Baloncesto e Endesa, seleccione os 10 proxectos mellores que participarÔn nunha votación popular online.

O colexio vencedor recibirÔ unha dotación económica de 3.000 euros en material deportivo e a cada alumno se lle farÔ entrega dunha tablet. Os dous finalistas recibirÔn 2.000 e 1.000 euros en material deportivo respectivamente e diferentes obsequios para cada alumno participante. Ademais destes recoñecementos, os tres ganadores participarÔn nun Clinic de Baloncesto impartido por lendas do baloncesto como Jorge Garbajosa, Amaya Valdemoro, Fernando Romay ou Elisa Aguilar.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram