A Federación Galega de Baloncesto, a modo de resumo e recoñecemento as nosas catro Seleccións participantes nos recentes Campionatos de España Minibasket e Infantil, emite unha compilación visual do acontecido en ambas estas citas, celebradas na última quincena do mes de abril.
Neste pequeno compendio quixemos recoller as imaxes e os detalles máis destacados de cada Campionato, así como unha valoración persoal de cada Seleccionador, reflexións realizadas pasados os propios días da Competición e coa perspectiva que achega o tempo.
Igualmente, damos traslado da experiencia vivida polos nosos árbitros nestes mesmos campionatos, nos que contamos cunha ampla representación: cinco colexiados do CGAB desempregando un bo papel.
Agardando que este boletín sirva como agradecemento a todos os xogadores, xogadoras e cadros técnicos, así como aos familiares e afeccionados, dar de novo as grazas a todos polo voso compromiso para co Baloncesto Galego.
As Seleccións Galegas seguirán traballando para poder afrontar unha nova temporada coa mesma ilusión que a aplicada nesta temporada 2013 – 2014.
Boletín: Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil e Minibasket 2014