Boletín: Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadetes

A Federación Galega de Baloncesto, a modo de pequeno resumo e homenaxe ao acontecido no recente Campionato de España de Seleccións Autonómicas Cadetes (Cáceres, 03-06/01/14), presenta unha compilación visual dos mellores momentos dos seus representantes nesta cita tan especial.

Na mesma, recóllense as imaxes máis destacadas, os resultados ao completo dos nosos dous combinados, e as valoracións persoais dos Seleccionadores, Cristina Cantero e César Iglesias. Así mesmo, e como parte importante tamén deste evento, teñen cabida as sensacións e vivencias dos nosos árbitros presentes en Cáceres.

Agardando que o recordo deste Campionato sexa sempre o mellor dos posibles, sigamos a recoñecer o bo papel das nosas Seleccións, con esa medalla de bronce en feminino e a permanencia en categoría especial en masculino que tan bos momentos deportivos nos fixeron pasar.

Boletín: Campionato de España Seleccións Autonómicas Cadetes

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram