Boiro, sede do Campionato Galego de Clubs 3X3 U17

  • O Club Santa Baia – Match Up 3×3 será o organizador da Fase Final deste novo Campionato Autonómico.
  • A cita co 3×3 U17 na localidade Boirense terá lugar o 17 de maio.

O Campionato Galego de Clubs 3×3 U17 xa ten anfitrión. O Club Santa Baia – Match Up 3×3, primeiro club galego oficial na modalidade 3×3; levará ata Boiro a rolda definitiva deste Campionato Autonómico.

A entidade boirense, representada polo seu presidente, Francisco García; e a Federación Galega de Baloncesto, da man do máximo responsable da actual Xunta Xestora, Francisco Martín; asinaron este luns o acordo de colaboración que designa a Match Up 3×3 como o  para a Fase Final do Campionato, dando así un paso importante na aposta conxunta de Club e Federación pola promoción do 3×3 en Galicia.

A competición

O Campionato Galego de Clubs 3×3 U17 celebra este ano 2023 a súa primeira edición, materializando a competición en varias fases.As datas marcadas para a súa disputa cubrirán as fins de semana do 22 de abril, o 14 de maio e a do 17 de maio, sendo esta última a da cita en Boiro.

Os clubs que se inscriban poderán participar cun máximo de dous equipos masculinos e dous femininos, compostos por un mínimo de tres xogadores e un máximo de catro cada un. Os equipos vencedores neste Campionato autonómico obterán praza no Campionato de España da mesma categoría, que terá lugar o vindeiro mes de xuño.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram