O “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB” cumpre este venres a primeira semana do seu prazo de inscrición entre as mellores expectativas de solicitudes de información e tramitación de inscricións xa recibidas.
A un bo ritmo están a chegar á FGB os formularios de inscrición que permitirán que os xogadores e xogadoras tomen parte dunha das dúas quendas de traballo deste “I Campus de Tecnificación e Perfeccionamento FGB”:
Primeira quenda: do 30 de xuño ao 7 de xullo
Nenos/as nados nos anos 1997-1998-1999-2000
Segunda quenda: do 7 ao 14 de xullo
Nenos/as nados nos anos 2001-2002-2003-2004
O atractivo cartel do Campus, conformado polo total dos Seleccionadores Galegos e por colaboracións e visitas de destacados profesionais do Baloncesto Galego e Nacional, está a ser un pulo importante para que o fluxo de participantes creza día a día.
Inscricións e información
Lembrar que para todos aqueles que desexen consultar o tríptico e os detalles relativos ao proceso de inscrición (con data límite no 15 de xuño) permanece aberta, de xeito permanente nesta web, unha ligazón con toda a información pertinente e co formulario preciso.
Así mesmo, a través do email campus@fegaba.com poderanse consultar as dúbidas e cuestións que se desexen.