Bo Nadal!

Comeza o Nadal na FGB! A resolución dos premios do Certame da Postal de Nadal FGB chega este martes, 22 de decembro; para permitirnos felicitarvos as festas e aproveitar para agradecer o voso esforzo e traballo para manter o Baloncesto en marcha neste 2020 tan particular.

A espacial e especial proposta de Aldán Vázquez Brea, xogador de Cenor Obradoiro (13 anos), convírtese na vencedora da XI edición do noso Certame de Nadal e, en virtude deste galardón, el como creador da mesma recibirá un pack de agasallos especiais grazas á cortesía de ESEKA Sports, colaboradora imprescindible da FGB nesta actividade.

2º Premio
Pola súa banda, nesta edición 2020 o certame recoñece co segundo premio o traballo de Noa Méndez Taboada (8 anos), xogadora do CAB Pontevedra, quen tamén recibirá un lote de agasallos.

esta2

2º premio

Dende aquí, dar os nosos Parabéns tanto a Aldán como a Noa, e agradecer o compromiso de todos os restantes participantes, cos cales nos poremos en contacto a través das Delegacións Zonais FGB ou os seus respectivos clubs para poder facerlles chegar un detalle.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram