O Baloncesto Galego está de noraboa. Desde esta mesma tarde, Universitario Ferrol é novo equipo de Liga Feminina Endesa.
As xogadoras que dirixe Lino López, con Sandra Prieto como adestradora axudante, rubricaron o seu ascenso á máxima categoría do Baloncesto Femenino Nacional tras completar con pleno de Vitorias unha fase Final de LF2 na que estenderon o seu dominio como invictas en Liga Regular (26 encontros gañados).
Dous trunfos no seu grupo da rolda previa desta fase ante Advisoria Maresme (69 – 78) e UCAM Primafio Jairis (77- 62) deixaron a porta aberta a unha semifinal na que o premio era o ascenso. Unha merecida conquista que fixeron súa, ao fin, esta mesma tarde tamén con trunfo (81 – 72) ante Osés Construccións ARDOI, agasallando así a todo o Baloncesto Galego con esta inmellorable nova.
Parabéns a todo o equipo, afección e a toda a cidade de Ferrol!