BASQUET: cuarto número da revista oficial FGB

A Federación Galega de Baloncesto emite o cuarto número da súa proposta informativa oficial, a publicación trimestral “BASQUET”. Neste novo exemplar, disposto xa para a súa consulta e descarga, reúnense as principais actividades materializadas no ámbito FGB nas datas máis recentes.

No sumario de “BASQUET 4” contamos, en primeira instancia, coa presentación do catálogo de actividades “GALICIA 2014. Imos pola Copa”, proxecto que ten depositada toda a nosa ilusión. Esta importante aposta comparte protagonismo coa inminente presenza de Galicia nos Campionatos de España de Seleccións Infantís e Minibasket, a boa marcha da “Harmonización” do Minibasket Galego e, entre outras, cunha especial conversa con toda unha representante do mellor do noso Baloncesto, Arantxa Novo

Estas informacións, dando cabida tamén as imprescindibles parcelas de adestradores e árbitros, configuran a que esperemos sexa unha interesante achega ao traballo federativo.

 

Revista: BASQUET 4

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram