A Federación Galega de Baloncesto presenta o terceiro número da súa proposta informativa oficial, a súa revista BASQUET.
Neste terceiro exemplar, que xa se pode consultar e descargar, recóllense, a modo de resumo visual, as actividades levadas a cabo no ámbito da FGB neste primeiro cuarto de temporada que estamos a vivir.
No sumario deste recente número atoparémonos coas valoracións de eventos como a I Xuntanza de Seleccións Zonais Minibasket ou a celebración das Fases Finais da Copa Galicia FGB nas súas diferentes categorías.
Igualmente, a última hora das Preseleccións Galegas Cadetes, prestas xa a iniciar en xaneiro a súa andaina no Campionato de España; comparte tamén protagonismo, entre outras novas, coa presentación do novo Seleccionador Galego Infantil Masculino, Miguel Ángel Hoyo.
Xunto a estas novidades, compílanse diferentes artigos nos que recoller a actualidade sen esquecer felicitar as festas de Nadal a todos os federados.