BASQUET: 6º número da revista oficial FGB

O exemplar número 6 da caderno trimestral oficial da FGB, “BASQUET”, chega co Nadal para acompañar estas datas festivas coa súa lectura.

A Federación Galega de Baloncesto presenta neste novo exemplar un amplo resumo das actividades levadas a cabo durante este mes de decembro, así como un pequeno adianto dos eventos máis próximos, destacando, por suposto, o Campionato de España de Seleccións Cadetes.

Unha interesante conversa con Leopoldo Ibáñez, presidente do Universitario Ferrol, así como unha achega ao acontecido nas Eleccións FGB e nas diferentes áreas de traballo da entidade, completan esta edición nº 6.

Convidando a todos a desfrutar da mesma, e desexando un Bo Nadal 2014, habilitamos este “BASQUET6” para a súa descarga.

BASQUET#6

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram