“Basketology no Camiño”: cita formativa de alta calidade para os adestradores galegos

Chega a Lugo “Basketology no camiño”. Os vindeiros 23 e 24 de xullo a cidade da muralla acollerá a primeira edición deste evento, un simposio interdisciplinar de Baloncesto dirixido a adestradores e adestradoras e organizado por Basketology Group.

Charlas, formación en pista, mesas redondas e estratexias de optimización de recursos darán vida a un evento que se vertebrará sobre catro camiños: Preparación Técnico Táctica, Preparación Física, Piscoloxía Deportiva e Dirección Deportiva.

Estes catro eixos materializaranse sobre a presenza dos e das mellores especialistas nas diferentes disciplinas, permitindo ademais que os participantes poidan escoller o seu itinerario formativo durante os dous días que implica o simposio.

Inscrición
A información completa en torno a inscrición neste “Basketology no camiño”, e en relación á identidade e traxectoria de todos os profesionais de máxima calidade que estarán en Lugo os vindeiros días 23 e 24 de xullo pode atoparse na web oficial do evento e nas súas redes sociais:
www.basketlology.es
Facebook: @BasketologyGroup
Instagram: @basketologyg
Twitter: BasketologyG

Formación Complementaria
A participación en “Basketology no Camiño” suma ademais un novo aliciente. A Federación Galega de Baloncesto outorgará 20 horas de formación complementaria aos alumnos e alumnas dos seus cursos de iniciación. Esta validación horaria farase efectiva sempre que a asistencia ao evento se materialice de xeito completo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram