Baloncesto Narón e Estudiantes de Lugo, finalistas da Copa Galicia EBA

Baloncesto Narón e Estudiantes de Lugo asinaron na noite deste mércores, 16 de outubro, a súa condición de finalistas da Copa Galicia EBA na súa edición de 2013.

A disputa na xornada do mércores dos derradeiros partidos da Fase Previa desta competición condicionou unha clasificación final que deixa aos de Narón como líderes definitivos, e aos lucenses como segundos mellores, colleitando así ambos o dereito a protagonizar a gran final a partido único.

Este encontro decisivo terá lugar o sábado, 19 de outubro, en Ferrol, no marco do denominado “XIV Trofeo de Ferrol”. Será a partir das 18.00 h, no Pavillón de Esteiro cando coñezamos o nome do novo campión de Copa Galicia EBA. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram