(Info: Área Comunicación FEB) Galicia vivirá unha semana de baloncesto a gran escala. Antes da visita da Selección para o primeiro partido da Ruta Ñ2014 o Praza 2014 chega á Praza do Parrote da Coruña. Copa do Mundo e baloncesto 3×3 para un día festivo.
O 3×3, modalidade de baloncesto pola que tanto a FEB como a FIBA están apostando intensamente será protagonista nunha xornada de baloncesto nas rúas da Coruña. A FEB, xunto á Federación Galega de Baloncesto, organizaron unha nova xornada de baloncesto na rúa que terá lugar na Praza do Parrote.
Aínda estás a tempo de reunirte cos teus amigos e acudir o sábado, 2 de agosto, a partir das 10:00 h da mañá a gozar desta nova modalidade de baloncesto e das emocións do 3 contra 3. Apúntate neste link http://3×3.feb.es/inscripcion/
Neste evento, non podía faltar o mellor anfitrión posible e é que o galego Fernando Romay estará presente nas diferentes pistas deste Praza 2014 a partir das 12.00 h da mañá. Praza 2014 é a actividade posta en marcha pola Federación Española de Baloncesto que ten o obxectivo de levar baloncesto tres contra tres ás prazas máis importantes do noso país.
Todos os participantes, así como o público asistente, poderán ter acceso a máis información sobre a próxima Copa do Mundo de Baloncesto que se celebrará no noso país do 30 de Agosto ao 14 de Setembro.
A Coruña será partícipe desta Copa do Mundo e o vindeiro 6 de Agosto a Selección Española arrinca aquí os seus partidos de preparación cun España-Canadá que servirá como primeiro exame de cara á Copa do Mundo que arrinca o 30 de Agosto en Granada.
Praza 2014 e outras actividades de promoción tratan de achegar este gran evento deportivo nacional a todos e dese modo sentirnos identificados coa Copa do Mundo. Valores básicos e imprescindibles nos xogadores de categorías basee son os que tamén prioriza Praza 2014 e o baloncesto 3×3. Diversión, compañerismo, ilusión… Polo tanto seguro que o próximo día 2 vense plasmados no Praza 2014 da cidade herculina.