Babybasket: a competición viaxa a Carballo

Este sábado, 25 de febreiro, celebranse en Carballo dúas novas xornadas da Liga Babybasket 2016 – 2017, competición pioneira en Galicia e organizada pola Federación Galega de Baloncesto coa colaboración de clubs, colexios e escolas municipais.

As dúas primeiras citas previas do Babybasket na Delegación da Coruña tiveron lugar en Culleredo e foron auspiciadas polo club local. Nesta ocasión a organización recae sobre os dous equipos de Carballo, o Club Baloncesto Artai e Escola Basket Xiria.

BabyBasket 2016 – 2017: Galería de Imaxes

Nesta competición participan os xogadores máis pequenos dos clubs (nados no 2012, 2011, 2010 e 2009) baixo formato catro contra catro, en dous periodos de doce minutos e no que non hai resultado final, primando a formación sobre o aspecto competitivo. 

Na deste sábado, no pavillón de Bergantiños, a actividade comezará ás once da mañá e se estenderá ata a unha e media da tarde, contando coa presenza, aproximada, de 140 nenos. Serán un total de catorce partidos cos seguintes clubs implicados: CB. Culleredo, Club Baloncesto Artai, Dominicos, Pequebasket Xiria, Franciscanos, Emilia Pardo Bazán – Los Rosales, Esclavas, Liceo La Paz e Jesuitinas.

BabyBasket 2016 – 2017: Galería de Imaxes

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram