Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB renovan neste mes de novembro as propostas da súa Aula Formativa común, a destinada a todos os adestradores galegos.
Tras a súa satisfactoria estrea acometida en setembro, este proxecto didÔctico presenta a súa segunda convocatoria da temporada, viaxando nesta ocasión, o vindeiro domingo, 10 de novembro, ata a cidade de Ourense.
O encargado de preparar e dirixir esta nova convocatoria formativa Ć© Carlos Maceiras, tĆ©cnico no C.B. Blanco Amor e habitual colaborador da Ć”rea de adestradores FGB levando a cabo a tarefa de profesor nas diferentes estadĆos formativos da mesma.
Nesta ocasión, Maceiras impartirĆ” unha charla coloquio cuxo tema central, āMellora de Percepción e Lectura do Xogo en Iniciación: traballo prĆ”cticoā, porĆ” sobre a mesa diferentes cuestións a tratar e debater por todos os presentes.
En concreto, a sesión terĆ” lugar no Colexio Carmelitas (Ourense) o indicado domingo, dĆa 10, a partir das 16.00 h da tarde, servindo, Ć” sĆŗa vez, de perfecto nexo de unión coa Fase Final da Copa Galicia Infantil Feminina, competición que se celebra nesa mesma data na cidade das Burgas baixo a organización do propio C.B. Carmelitas.
Inscrición e Validación formativa
O Proceso de inscrición para a participación nesta segunda charla da temporada para a Aula Formativa segue os mesmos criterios habituais establecidos dende o inicio deste proxecto. Completamente de balde, os interesados en tomar parte unicamente deberÔn solicitar a súa presenza a través do email adestradores@fegaba.com, especificando nome, apelidos e DNI.
Asà mesmo, os integrantes do grupo de alumnos dos Cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB poderÔn validar a súa presenza xunto a Carlos Maceiras por tres horas de formación.