“Aula Formativa do Adestrador Galego”: nova convocatoria

– A “Aula Formativa do Adestrador Galego” retoma a súa actividade coa posta en marcha, para o primeiro día de xuño, dunha nova charla ideada de cara a continuar fortalecendo a formación dos adestradores da nosa Comunidade.

– Nesta ocasión, será o galego Quique Dopico o encargado de dirixir a sesión, a celebrar en Santiago de Compostela, no Pavillón de Pontepedriña (17.00 h).

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB retoman, no inicio do mes de xuño, a marcha do seu compromiso didáctico conxunto: a “Aula Formativa do Adestrador Galego”.

Desta volta, e de novo convidando a participar a todos os adestradores que o desexen, a entidade federativa e o club santiagués organizan neste marco un encontro teórico-práctico marcado no calendario para o vindeiro sábado, 1 de xuño (17.00 h – Pavillón de Pontepedriña. Santiago de Compostela)

Quique Dopico será o encargado de guiar esta nova intervención do ciclo “Aula Formativa do Adestrador Galego”, que neste caso centrará o seu decorrer nos “Movementos Clásicos adaptados ao Baloncesto de Base”.

Inscrición
Unha vez máis, Obradoiro CAB e FGB ofrecen todas as facilidades para participar desta actividade, cuxa inscrición establécese completamente de balde, so precisando comunicar a asistencia través do envío dos datos persoais de cada interesado a adestradores@fegaba.com

Así mesmo, os alumnos dos Cursos de Adestradores de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB, poderán validar a súa presenza nesta charla por un total de 3 horas de formación continua.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram