Deporte Galego

Aula Formativa do Adestrador Galego

Nova cita coa "Aula Formativa do Adestrador Galego"

Venres, 03 Marzo 2017 17:17

A "Aula Formativa do Adestrador" non detén o ritmo. Tras estrear temporada o pasado 28 de febreiro en Redondela, a Área Deportiva FGB convoca ao adestradores galegos a unha nova oportunidade didáctica, a celebrar en Allariz (Polideportivo Municipal Allariz) o vindeiro domingo, 12 de marzo; da man de Concello local e C.B. Allariz.

unnamed

Nesta ocasión, esta nova “Aula” combinará a teoría e practica con dúas charlas protagonizadas polos técnicos Pablo Abuín e Manu Santos, os cales, en horario de tarde, abordarán dúas temáticas diferentes:

(17.00 h) “Mellorar un grupo dende o enfoque ofensivo” (Pablo Abuín).

(18.30 h) “Metodoloxía Defensiva cara a construción táctica” (Manu Santos).

Inscrición e validación
Os interesados participar nesta dobre sesión poderán facelo previa solicitude vía mail a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. remitindo no mesmo: datos persoais, club de procedencia e título da “Aula” en cuestión. O proceso para inscribirse remata o vindeiro dez de marzo.

Así mesmo, e como vén sendo habitual, os alumnos dos cursos de adestradores FGB que participen nesta Aula poderán validar a súa asistencia por un total de oito horas de formación complementaria e un CETI.

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis