Asembleas FGB Xeral e Extraordinaria: convocadas para o día 23 de xuño

Xa se coñece a data que a FGB establece para a celebración das súas Asemblea Xeral e máis Extraordinaria. Ambas quedan convocadas para o vindeiro sábado, 23 de xuño, no Hotel “Ciudad de Vacaciones – Monte do Gozo” en Santiago de Compostela.

A reunión anual do Baloncesto Galego xa ten data. O vindeiro 23 de xuño celebrarase a Asemblea Xeral da Federación Galega de Baloncesto. A cita iniciarase a partir das 17.15 h, en primeira convocatoria, e ás 17.45 h en segunda.

Centrarán o seu desenvolvemento as Modificacións dos Regulamentos Xeral e Disciplinario da FGB para a tempada 2012/13, aprobados pola Comisión Delegada, así como a Aprobación das Normas para Competicións Oficiais da FGB para a tempada 2012/13, confirmadas tamén pola Comisión Delegada.

Igualmente, nesta cita someteranse a validación as contas anuais e o orzamento do exercicio 2011, así como o orzamento do 2012.

A ratificación dos Comités de Competición e Apelación porán o peche a esta Asemblea Xeral, cuxa circular oficial (18) atópase a disposición dos asembleístas no apartado correspondente desta web.

Asemblea Extraordinaria
Para a mesma data, 23 de xuño, e coa Modificación dos Estatutos para a súa adaptación á nova Lei do Deporte de Galicia (Lei 3/2012 do 2 de abril) como referente, a FGB convoca tamén Asemblea Extraordinaria, tendo marcadas ás 16.00 h como primeira convocatoria e as 16.30 h como segunda.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram