Asemblea Xeral FGB: ratificada a Normativa para a temporada 2015 – 2016

A Federación Galega de Baloncesto celebrou na tarde do sábado, 27 de xuño; a súa Asemblea Xeral 2014 – 2015, convocatoria na que, en virtude do obrigado pola súa orde no día, someteuse a votación entre os 25 asembleístas presentes, coa súa conseguinte aprobación, a Regulamentación e Normativa definitivas para as competicións oficiais FGB na temporada 2015 – 2016, ciclo que hoxe mesmo comeza.

A indicada normativa, materializada nas Bases de Competición FGB 2015 – 2016, pasará a estar disponible en breves datas a través da web. 

Informe FGB 2014 – 2015
No marco desta Asemblea Xeral 2015 o equipo directivo FGB, liderado polo seu presidente, Francisco Martín; presentou tamén a Memoria e Informe de actividades 2014 -2015, un documento que xa está disponible para a súa consulta pública. No mesmo compílase o traballo realizado polas diferentes áreas base da Federación: Adestradores, Árbitros, Tecnificación – Baloncesto Base e Social.

Memoria 2014 – 2015: Bloque 1
Memoria 2014 – 2015: Bloque 2

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram